martes, 30 de diciembre de 2008
domingo, 28 de diciembre de 2008
jueves, 25 de diciembre de 2008
miércoles, 24 de diciembre de 2008
domingo, 14 de diciembre de 2008
viernes, 12 de diciembre de 2008
jueves, 11 de diciembre de 2008
martes, 9 de diciembre de 2008
miércoles, 3 de diciembre de 2008
lunes, 1 de diciembre de 2008
domingo, 30 de noviembre de 2008
sábado, 29 de noviembre de 2008
"Perfiles" de Vered Kurlender

"As mulleres xudías na película son en realidade, o pasado, presente e futuro dos xudeus de España, e en certa forma, reflicten non só o destino da miña familia, senón o do pobo xudeu no mundo. Nacín no Norte de Israel, no Kibbutz Guivat-Oz, no seo dunha familia de kibutznik "clásicos", laicos e socialistas. Alí, aínda hoxe, teñen unha resposta moi clara á pregunta "que é ser xudeu?". Como di o meu pai, se un home nace en Brasil e leva aos seus fillos a Francia, e edúcaos como franceses, serán franceses. Do mesmo xeito, calquera que chegue a un kibbutz e eduque aos seus fillos como xudeus, fará deles xudeus, con independencia de que a súa nai sexa ou non xudía e sen necesidade de ningunha conversión. Por suposto que esta non é a única resposta posible, e un relixioso dirá todo o contrario. Poucas preguntas provocaron tanto balbordo no Pobo Xudeu, durante miles de anos, como a de "que é ser xudeu?". É algo que se formula continuamente e para o que non existen respostas simples. Cando morreu a miña nai, chegoume o momento de dar a miña propia resposta. Que significa para min ser xudía? En 2006 viaxei a España e iniciei a miña propia procura persoal dunha resposta, como directora. Madrid é unha das máis pequenas comunidades xudías de Europa. Ten algo de Kibbutz, no sentido en que todo o mundo se coñece. Pero ao mesmo tempo, en Madrid están presentes todas e cada unha das situacións e contradicións das comunidades xudías da diáspora de todo o mundo. O relixioso fronte ao cultural, o social fronte ao individual, o público e o privado. E todo en acción. Durante algo máis dun ano senteime a falar con mulleres de todo tipo e de todas as idades. Conversacións de muller a muller, sen un rumbo fixo pero con elementos en común, os elementos que constrúen unha vida: o cotián, os fillos, os ciclos da vida. Ao final de todo este proceso elixín seis mulleres, totalmente distintas pero que dunha forma esencial transitan cada día, en primeira persoa, ese vasto e indefinible territorio do Ser Xudeu. "PERFILES" son as súas respostas. E a miña mirada". Vered Kurlender

Vered Kurlender
Vered Kurlender. (Kibbutz Givat Oz, Israel, 1973) Licenciada en Comunicación e Administración pola Emek-Izrael University, Vered Kurlender traballou como axudante de cámara, operadora e directora de fotografía en 35 milímetros e formatos dixitais. Foi parte do equipo de gravación dunha ducia de documentais para televisión con diferentes produtoras israelís (Meimad Prod, TTV, Ananey Tikshoret Prod) así como en rodaxes para publicidade (Ulpanot Prod., P.O.V Prod., Ishai Fadas Prod., Gefen Prod...) e seis longametraxes, a maioría deles en co-produción. En 2006 viaxou a España para completar os seus estudos de cinematografía. "PERFILES" é a súa primeira película como directora.
domingo, 23 de noviembre de 2008
domingo, 16 de noviembre de 2008
'Defiance'

domingo, 19 de octubre de 2008
martes, 14 de octubre de 2008
domingo, 12 de octubre de 2008
jueves, 9 de octubre de 2008
martes, 7 de octubre de 2008
domingo, 5 de octubre de 2008
Mauthausen na TV de Aragón
Etiquetas:
antisemitismo,
curtametraxe,
dereitos humanos,
entrevista,
historia,
novas,
shoah
sábado, 4 de octubre de 2008
martes, 30 de septiembre de 2008
domingo, 28 de septiembre de 2008
sábado, 27 de septiembre de 2008
EDWIN YABO: A PAZ DE ANNAPOLIS
jueves, 25 de septiembre de 2008
lunes, 22 de septiembre de 2008
viernes, 19 de septiembre de 2008
domingo, 14 de septiembre de 2008
sábado, 6 de septiembre de 2008
viernes, 5 de septiembre de 2008
domingo, 31 de agosto de 2008
sábado, 23 de agosto de 2008
jueves, 21 de agosto de 2008
domingo, 17 de agosto de 2008
miércoles, 13 de agosto de 2008
domingo, 10 de agosto de 2008
miércoles, 6 de agosto de 2008
martes, 5 de agosto de 2008
lunes, 4 de agosto de 2008
Entrada do exército soviético en Auschwitz
Imaxes gravadas polo exército soviético na entrada e liberación de Auschwitz
Etiquetas:
antisemitismo,
curtametraxe,
dereitos humanos,
documental,
documento,
historia,
novas,
shoah,
spot
domingo, 3 de agosto de 2008
jueves, 31 de julio de 2008
Jerusalem Express
Pequeno documental emitido por Canal Viajar (Digital+). Un paseo polos lugares máis emblemáticos da capital de Israel.
miércoles, 30 de julio de 2008
viernes, 25 de julio de 2008
jueves, 24 de julio de 2008
miércoles, 23 de julio de 2008
lunes, 21 de julio de 2008
viernes, 18 de julio de 2008
miércoles, 16 de julio de 2008
Crónica 60 aniversario Israel na TV chilena
Crónica emitida na TVN (Televisión Nacional de Chile) con motivo do 60 aniversario da independencia do Estado de Israel.
lunes, 14 de julio de 2008
viernes, 27 de junio de 2008
jueves, 26 de junio de 2008
domingo, 22 de junio de 2008
martes, 17 de junio de 2008
lunes, 16 de junio de 2008
miércoles, 11 de junio de 2008
Valeu a pena.
Dirixida por Henrique Cymerman
Etiquetas:
curtametraxe,
documental,
historia,
israel,
novas,
spot
martes, 10 de junio de 2008
viernes, 30 de mayo de 2008
martes, 20 de mayo de 2008
domingo, 18 de mayo de 2008
Memoria do Holocausto
Etiquetas:
antisemitismo,
curtametraxe,
dereitos humanos,
documental,
documento,
shoah
jueves, 15 de mayo de 2008
martes, 13 de mayo de 2008
viernes, 9 de mayo de 2008
martes, 6 de mayo de 2008
sábado, 3 de mayo de 2008
martes, 29 de abril de 2008
Antisemitismo no Bloque Nacionalista Galego. Comunicado de AGAI

DECISION ARBITRARIA, VERGONZOSA, ANTISEMITA E FASCISTA
Despois de máis dun ano de acoso e constantes presións, finalmente o BNG consumou de forma arbitraria, vergonzosa e fascista a expulsión dun militante polo simple feito de ter unha visión diferente do conflito árabe-israelí e de presidir unha asociación de amizade que procura tender pontes entre os pobos galego e israelí. Entre a cultura galega e a xudía.
A Asociación Galega de Amizade con Israel considera que a utilización de medidas disciplinarias e de expulsións por un suposto delicto de conciencia é impropia dunha organización que participa no goberno de Galicia e fainos sentir como galegos e galegas asustados pola catadura xenófoba e totalitaria de quen nos cogoberna sen que lle importe violar de xeito incualificábel os máis elementais dereitos democráticos.
A Asociación Galega de Amizade con Israel considera que é inaceptábel que un partido que forma parte do goberno da Xunta de Galicia poida manter actitudes con tal grado de antisemitismo, intolerancia, irresponsabilidade e falta de respecto á liberdade de expresión, de conciencia e de opinión, entrometéndose de xeito orweliano na vida privada dun militante.
A Asociación Galega de Amizade con Israel esixe unha rectificación inmediata por parte da Dirección Nacional do Bloque Nacionalista Galego.
A Asociación Galega de Amizade con Israel se pregunta cal é o futuro dos militantes do BNG que son á vez socios e socias de AGAI e emplaza a Anxo Quintana a que explique públicamente se un xudeo pode ser militante do BNG ou non.
Por último, a Asociación Galega de Amizade con Israel reitera a súa firme intención de acudir á xustiza ordinaria para reparar esta violación dos máis elementais dereitos democráticos e constitucionais.
Vigo 28 de Abril de 2008
www.amizadeconisrael.org
Etiquetas:
antisemitismo,
documento,
galiza israel,
novas
miércoles, 23 de abril de 2008
lunes, 21 de abril de 2008
miércoles, 16 de abril de 2008
domingo, 13 de abril de 2008
lunes, 7 de abril de 2008
jueves, 27 de marzo de 2008
miércoles, 19 de marzo de 2008
martes, 18 de marzo de 2008
miércoles, 12 de marzo de 2008
jueves, 6 de marzo de 2008
domingo, 2 de marzo de 2008
martes, 19 de febrero de 2008
LA SOLUCIÓN FINAL
La Solución Final
Título orixinal
Conspiracy
Nacionalidade
Reino Unido
Ano
2001
Xénero
Drama · Historico
Formato
Cor
Duración
95
Director
Frank Pierson
Guión
Loring Mandel
Fotografía
Stephen Goldblatt
Producción
Nick Gillott
Distribuidora
Warner Home Video
Reparto
Kenneth Branagh (Reinhard Heydrich), Stanley Tucci (Adolf Eichmann), Colin Firth (Dr. Wilhelm Stuckart), Barnaby Kay (Rudolf Lange), Ben Daniels (Dr. Joseph Bühler), David Threlfall (Dr. Wilhelm Kritzinger), Jonathan Coy (Erich Neumann), Brendan Coyle (Heinrich Müller), Ian McNeice (Dr. Gerhard Klopfer), Owen Teale (Dr. Roland Freisler), Nicholas Woodeson (Otto Hofmann), Kevin McNall (Undersecretary Martin Luther), Peter Sullivan (Eberhard "Karl" Schöngarth), Ewan Stewart (Dr. Georg Leibbrandt, Bryann Pettifer (Dr. Alfred Meyer)...
O 20 de xuño de 1942, líderes do partido nazi e oficiais do goberno alemán mantiveron unha reunión secreta nas aforas de Berlín para planificar a chamada "solución final" ao problema xudeu. Esta película é unha recreación histórica da Conferencia de Wannsee, presidida por Reinhard Heydrich, xeneral das S.S. e máximo responsable da seguridade do Tercer Reich. Alí decidiuse o exterminio de seis millóns de persoas, o que se coñecería como Holocausto. 2La solición final" é un interesantísimo produto que directamente fixo unha viaxe aos videoclubes. “La solución Final” é unha desas rarezas que, de vez en cando, presentanos a televisión, no só pola súa calidade, senon porque sendo un produto feito para ese formato, evade calquer tópico dos tantos que nos podemos encontrar nun filme dese tipo. Este filme non só trata un tema de extrema seriedade, senon que o trata con todo o respecto e gravedad posibles. Este filme histórico se desenvolve nun só día, o 20 de xanaeiro de 1942, onde altos cargos do Terceiro Reich reúnense nun encontro vital e confidencial en Wansee, ás aforas de Berlín, capitaneados polo xeneral Reinhard Heydrich e o Tenente Coronel Adolf Eichmann para ultimar os detalles do plan de Adolph Hitler coñecido como ’Solución Final’, que determinaría o exterminio de toda a poboación xudía de Europa. Ademáis de, como vemos, estar baseado nun feito real se apoia no único documento que queda sobre dito encontro, o chamado “Protocolo de Wansee”, o que lle da a credibilidade dabondo como para ser case un documento histórico en si mesma. Un gran ritmo narrativo, unha magnífica fotografía (os planos do lago exterior nevado, os reflexos nas fiestras...) e unha solvente dirección, con moito primeiro plano, ademáis de algún plano medio. A acción desenvólcese nun moi reducido espazo (unhas cantas salas da casa e algo do exterior), un acerto por parte do director para intentar representar a psicoloxía dos personaxes a través dos seus rostros, dos seus movimentos, e reaccións, polo que necesita fixar moito a cámara nas facianas para que o espectador non perda detalle. Imprescindible.

sábado, 16 de febrero de 2008
viernes, 15 de febrero de 2008
miércoles, 13 de febrero de 2008
martes, 29 de enero de 2008
domingo, 27 de enero de 2008
lunes, 14 de enero de 2008
domingo, 13 de enero de 2008
jueves, 10 de enero de 2008
lunes, 7 de enero de 2008
Noche y Niebla
Sobrecolledor de Alain Resnais. Inprenscindíbel.
Etiquetas:
antisemitismo,
curtametraxe,
documental,
documento,
historia,
shoah
martes, 1 de enero de 2008
Suscribirse a:
Entradas (Atom)