domingo, 30 de noviembre de 2008

sábado, 29 de noviembre de 2008

Entrevista con Gloria de Antonio

"Perfiles" de Vered Kurlender


"As mulleres xudías na película son en realidade, o pasado, presente e futuro dos xudeus de España, e en certa forma, reflicten non só o destino da miña familia, senón o do pobo xudeu no mundo. Nacín no Norte de Israel, no Kibbutz Guivat-Oz, no seo dunha familia de kibutznik "clásicos", laicos e socialistas. Alí, aínda hoxe, teñen unha resposta moi clara á pregunta "que é ser xudeu?". Como di o meu pai, se un home nace en Brasil e leva aos seus fillos a Francia, e edúcaos como franceses, serán franceses. Do mesmo xeito, calquera que chegue a un kibbutz e eduque aos seus fillos como xudeus, fará deles xudeus, con independencia de que a súa nai sexa ou non xudía e sen necesidade de ningunha conversión. Por suposto que esta non é a única resposta posible, e un relixioso dirá todo o contrario. Poucas preguntas provocaron tanto balbordo no Pobo Xudeu, durante miles de anos, como a de "que é ser xudeu?". É algo que se formula continuamente e para o que non existen respostas simples. Cando morreu a miña nai, chegoume o momento de dar a miña propia resposta. Que significa para min ser xudía? En 2006 viaxei a España e iniciei a miña propia procura persoal dunha resposta, como directora. Madrid é unha das máis pequenas comunidades xudías de Europa. Ten algo de Kibbutz, no sentido en que todo o mundo se coñece. Pero ao mesmo tempo, en Madrid están presentes todas e cada unha das situacións e contradicións das comunidades xudías da diáspora de todo o mundo. O relixioso fronte ao cultural, o social fronte ao individual, o público e o privado. E todo en acción. Durante algo máis dun ano senteime a falar con mulleres de todo tipo e de todas as idades. Conversacións de muller a muller, sen un rumbo fixo pero con elementos en común, os elementos que constrúen unha vida: o cotián, os fillos, os ciclos da vida. Ao final de todo este proceso elixín seis mulleres, totalmente distintas pero que dunha forma esencial transitan cada día, en primeira persoa, ese vasto e indefinible territorio do Ser Xudeu. "PERFILES" son as súas respostas. E a miña mirada". Vered Kurlender
Vered Kurlender

Vered Kurlender. (Kibbutz Givat Oz, Israel, 1973) Licenciada en Comunicación e Administración pola Emek-Izrael University, Vered Kurlender traballou como axudante de cámara, operadora e directora de fotografía en 35 milímetros e formatos dixitais. Foi parte do equipo de gravación dunha ducia de documentais para televisión con diferentes produtoras israelís (Meimad Prod, TTV, Ananey Tikshoret Prod) así como en rodaxes para publicidade (Ulpanot Prod., P.O.V Prod., Ishai Fadas Prod., Gefen Prod...) e seis longametraxes, a maioría deles en co-produción. En 2006 viaxou a España para completar os seus estudos de cinematografía. "PERFILES" é a súa primeira película como directora.


domingo, 23 de noviembre de 2008

domingo, 16 de noviembre de 2008

'Defiance'

Edward Zwick e Daniel Craig, xúntanse nesta cinta ambientada na Segunda Guerra Mundial. Baseada na historia real do libro homónimo de Nechama Tec, 'Defiance' está ambientada na II Guerra Mundial onde tres irmans xudeus de orixe polaco buscan vinganza, tras o asasinato dos seus pais a mans das tropas nazis. Os tres fuxen cara os bosques para combater contra o nazismo, e alí, no medio do bosque construirán un asentamento no que se refuxiarán máis de mil xudeus ameazados polas tropas nazis. A película, que está dirixida por Edward Zwick, responsábel de películas como 'Tempos de gloria', 'O último samurái' e 'Diamante de sangre', se enfrentará a unha dura competidora, 'Valkyrie', tamén co nazismo alemán como eixe central. O reparto o conforman Daniel Craig, Liev Schreiber e Jamie Bell, que dan vida aos irmans Bielski; e Mia Wasikowska, entre outros. A película chegará aos nosos cines a comezo do vindeiro ano 2009.